lunes, 8 de febrero de 2016

Entroido 2016

O venres día 5 vivimos un día moi especial no cole pois festexamos o noso primeiro entroido; a temática estaba clara, ÁFRICA, o tema do noso proxecto de traballo. Tivemos de todo: cebras, leóns, elefantes, tuaregs, masais, Nefertitis, Cleopatras, Tutankamón, exploradores,.... Os disfraces foron do máis variado e todos orixinais. Os nenos e nenas estaban radiantes.
A zona de infantil estaba decorada para a ocasión. Traballamos moito durante estas semanas para telo todo listo. Profes e alumn@s pintamos moitos murais cunha mesma temática. O resultado final foi máis que satisfactorio, mirade a ver o que vos parece,...
A aula "A Sementeira" foi a encargada de facer o mural coa CRUZ ANSADA.
 Estas son as fotos do proceso
Coloreamos algúns dos monos que colgan das lianas de psicomotricidade
Tamén fixemos un mural con collares masai
E aquí está a reportaxe fotográfica do Entroido 2016
Unha vez feita a reportaxe fotográfica, tocaba o momento estelar da actuación no Festival. 
Saiu xenial!! pero non temos a gravación do noso baile (problemas técnicos de última hora). Se algún papá ou mamá a quere compartir connosco estaremos encantad@s. O que sí temos gravado e o último ensaio antes do gran día; mandarémolo no "pen drive" do 2º trimestre para que o disfrutedes na casa.
Temos un pequeno vídeo cun anaco da actuación
  E despois do noso baile, que foi moi aplaudido, disfrutamos moito coas actuacións e disfraces de primaria
 E unha vez rematado o Festival, continuamos a festa na aula de psicomotricidade de Infantil onde comemos un montón de orellas e filloas; todo estaba delicioso. Moitas grazas a todas as familias que achegastes algunha larpeirada.
Unha vez rematada a merendola aínda tivemos tempo de xogar un pouco no patio
Foi un día estupendo. 
As profes damos fe de que os nenos e nenas o pasaron moi ben,... e nós tamén, non cabe dúbida

7 comentarios:

  1. Qué traballadores son estes sementeiros. Sempre me da gusto velos! E estaban guapísimos! Foi un Entroido ben bonito, colorido, variado, interesante, vivo... En fin, disfrutámolo de verdade en infantil. É un pracer vivilo desde dentro!!!

    ResponderEliminar
  2. Estiven no festival e creo q todos o desfrutaron. A coreografia dos sementeir@s foi moi aplaudida. Noraboa pícaros e mestres

    ResponderEliminar
  3. Estiven no festival e creo q todos o desfrutaron. A coreografia dos sementeir@s foi moi aplaudida. Noraboa pícaros e mestres

    ResponderEliminar
  4. ¡Que guapos e alegres estaban todos! O festival moi bonito;fixerono mi ben!! E menudo decorado! Enhoraboa

    ResponderEliminar
  5. Bravo bravo y mil veces bravo!!! Los niños disfrutaron tanto y lo hicieron fenomenal. Solo tenemos palabras de agradecimeinto por tanto trabajo y tanta paciencia. Gracias por tantooooo en tan poco tiempo!!! Un besazo.

    ResponderEliminar
  6. Tod@s guapisimos y lo hicieron mejor imposible!!! Fué estupendo verlos!!!.
    Y la decoración de la zona de infantil impresionante!!

    ResponderEliminar
  7. Que bien bailaron y que guapos iban todos los Sementeiros. Me encanto su actuacion

    ResponderEliminar