viernes, 19 de febrero de 2016

Muchacha en la Ventana

Este martes iniciamos unha nova actividade na Sementeira pois XOGAMOS A PENSAR. Está pensada para levar a cabo ao longo do que queda de curso. Cada semana ou cada quince días trataremos de realizar unha sesión na aula.
O obxectivo principal que se persegue con este pequeno proxecto é que todos os nenos e nenas pensen e falen razoablemente ao mesmo tempo que se converten en seres máis reflexivos e atentos ao discurso dos demais.


Cando xogamos a pensar estamos favorecendo:
  • A expresión oral (porque o pensamento exprésase a través da linguaxe).
  • Considerar diferentes prespectivas.
  • Os hábitos e normas de diálogo en grupo.
  • A observación, a imaxinación e a reflexión.
  • Expresar as nosas opinións e argumentar as afirmacións.
  • Falar e escoitar.
  • Comparar unhas ideas con outras.  
    Formular hipóteses e conceptos precisos.
    Buscar alternativas.
  •  
    A primeira sesión virou en torno ao cadro de Salvador Dalí  "Muchacha en la Ventana". O cadro estaba modificado pois faltáballe a paisaxase que se ve pola xanela.
    A primeira pregunta foi: que pensades que está a mirar esa rapaza pola xanela?
     Resultado de imagen de imagen pensar
    Pasámolo moi ben dando un montón de respostas que nos levaron a facernos máis preguntas. O resultado completo da sesión poderédelo ler no libro que recompilará todas as sesións.
    Coñecemos tamén o nome dun novo pintor; nin máis nin menos que Salvador Dalí.
    http://i2.wp.com/viridianasalper.com/wp-content/uploads/2014/09/dali-1-1.jpg
    Agora "Muchacha en la Ventana" ocupa un lugar moi especial na aula. Todos os días o encargado ou encargada comproba o tempo que fai a través do cadro de Dalí para poder colocalo no panel.

5 comentarios:

  1. Increible profe!!!Tengo que recocer que Amaya ya sabe cosas que nosotros aun no sabiamos....

    ResponderEliminar
  2. Estoy deseando leer ese libro con las respuestas de estes Sementeiros y sementeiras. Con toda seguridad nos sorprenderán, y nos arrancarán grandes carcajadas!!!

    ResponderEliminar
  3. Estoy deseando leer ese libro con las respuestas de estes Sementeiros y sementeiras. Con toda seguridad nos sorprenderán, y nos arrancarán grandes carcajadas!!!

    ResponderEliminar
  4. Estoy alucinada.
    PRofe Ana, me encanta como lo haces todo, eres capaz de sacarles todo e jugo a nuestros hijos sin que se enteren. Es maravilloso, se ve hay mucho trabajo detras. Enhorabuena, NO CAMBIES NUNCA TU FORMA DE EDUCAR.

    ResponderEliminar
  5. Estoy alucinada.
    PRofe Ana, me encanta como lo haces todo, eres capaz de sacarles todo e jugo a nuestros hijos sin que se enteren. Es maravilloso, se ve hay mucho trabajo detras. Enhorabuena, NO CAMBIES NUNCA TU FORMA DE EDUCAR.

    ResponderEliminar