Este mércores lembramos a Rosalía de Castro no día do seu aniversario.
Na "Sementeira" demostramos as nosas dotes artísticas pintando con témperas sólidas un retrato da nosa gran poeta, que levamos para casa. Como ben nos escribiu nun comentario un papi os nosos cadros teñen un estilo moi Andy Warhol,... pero co toque final "sementeiro"
Aproveitamos para agradecer a tod@s aqueles que adicades un minutiño a deixarnos as vosas opinións no blogue. Fannos moita ilusión !!
Aquí está o resultado final
O Equipo de Dinamización da Lingua organizou un concurso de debuxos e relatos baixo o título de "ROSALÍA VIAXA A ÁFRICA".
Na nosa clase Lía, Lucas e os dous Pedros animáronse a participar e, aínda que non houbo sorte co" premio grande" recibiron a súa recompensa polos seus debuxos tan coloridos e o esforzo na realización. Xa sabemos que o importante sempre é participar e disfrutar en familia das diferentes propostas que se fan dende o centro (con esa intención convocamos este tipo de concursos). Pero,... se nos fan un pequeno agasallo moito mellor non vos parece ?
Estos son os seus debuxos, expostos no corredor do cole
debuxos dos nenos e nenas de 5 anos |
as aportacións da aula de 4 anos |
1º de Educación Primaria |
2º de Educación Primaria |
4º de Educación Primaria |
5º de Educación Primaria |
6º de Educación Primaria |
3º de Educación Primaria |
En Educación infantil recibiu o premio a nosa compañeira "Pementeira" Inés, da clase de 5 anos. Moitas felicidades !!
Noraboa aos gañadores e moitas grazas a tod@s @s participantes por implicarse na realización das actividades que propoñemos dende os equipos.
Moi boas as aportacions dos nenos e fermosos os cadros dos sementeir@s.noraboa a todos
ResponderEliminar