martes, 1 de marzo de 2016

Máscaras Africanas

Os nenos e nenas da "Pementeira" (aula de 5 anos) elaboraron unhas máscaras africanas ás que non lles falta detalle. Están expostas na aula de psicomotricidade a carón de Kirikú e Karabá.
 
 A nós gustáronnos tanto que tamén decidimos facer unhas. Empezamos a traballar nelas o venres pasado. É unha tarefa que estamos a levar a cabo en parellas e leva o seu tempo porque temos moito que facer: poñernos de acordo elixindo a máscara, seleccionando as pinturas que imos utilizar, repartindo as zonas a colorear por cada membro da parella, buscando unha decoración consensuada (rafia de cores, adhesivos, cunchas, paus, purpurinas,...)
As primeiras parellas en traballar nas máscaras foron as formadas por:
Lía e Pedro Pérez
Carmen e Sasha
Aitana Rivas e Lucas 
Daniela e Alex
Pouco a pouco as nosas máscaras africanas van tomando forma. O noso obxectivo é colocalas no corredor e participar así na decoración africana que estamos levando a cabo desde hai tempo nas aulas de infantil.
A máscara de Lucas e Aitana xa case está rematada. Onte estiveron pegando rafia e bolas de cores. Faltan uns pequenos detalles e,... lista!!
 Queda moi vistosa non si?
 Hoxe pola tarde estivemos vendo en internet un conto que nos encanta:
 "La Pequeña Caperucita Africana"
Resultado de imagen para la pequeña caperucita africana 
  Esta adaptación do clásico de Carapuchiña preséntanos a unha nena africana que axuda á súa avoa nas tarefas do fogar. No camiño, un can perigoso quítalle todas as súas compras. A nena, cando se recupera do susto, é o suficientemente astuta como para recuperar as súas cousas e darlle antes unha boa lección ao ladrón.

Como nos sobrou un pouco de tempo, e tod@s estamos desexando facer as nosas máscaras, decidimos traballar un pouco a observación, a atención e a imaxinación, e  fixemos unha nova actividade de XOGAR A PENSAR.
Primeiro, en asamblea, fixemos unha posta en común dando ideas dos detalles que lle podiamos colocar a unha máscara africana. Fixámonos moi ben en todos os exemplos visuais que temos na aula e o resultado final foi este:
Despois fixemos o mesmo pero de xeito individual. Nun folio debuxamos a nosa máscara
E aquí está o resultado final da sesión

2 comentarios:

  1. Artistaz@s nuestros sementeir@s!!!! Y aprendiendo siempre cosas nuevas.Y geniales tambien las mascaras de los mas mayores!!!

    ResponderEliminar
  2. Qué simpáticas las máscaras de estes sementeir@s!!! y que bien les viene empezar a trabajar en parejas. Estupendos resultados!!
    Ana R.

    ResponderEliminar