Estes días estivemos facendo varios traballos que tiñamos pendentes relacionados co noso nome propio; por fin rematamos as tarxetas que formarán parte de dous novos libro-xogos viaxeiros.
Nun dos libros o que tivemos que facer era colorear e picar o rectángulo onde estaba o noso nome ben escrito (tiñamos dúas opcións escritas). Para poder atopalo sen dificultade utilizamos a tarxeta que temos na clase co noso nome e así ninguén se despistou; tod@s atopamos o noso nome á primeira. Despois pegámolo na tarxeta do xogo.
Para o outro libro a actividade consistía en buscar o noso nome nun folio onde estaban escritos todos os nomes dos compañeiros. Unha vez atopado había que colorealo e picalo; por último tiñamos que buscar a nosa tarxeta do libro-xogo e pegalo.
Pero non todo vai ser traballar. A nosa compañeira AITANA está feita unha excelente reposteira e como lle gusta tanto cociñar, quixo obsequiar aos seus compis e profes cunha cesta de madalenas. Nada mellor que repoñer forzas con esta repostería caseira.
Estaban para chuparse os dedos!!
MOITAS GRAZAS AITANA!!
E, falando de repostería caseira, SASHA tamén trouxo hai uns días galletas de manteiga para agradecernos os debuxos que lle mandamos polo seu irmán Eros cando estaba recentemente operado. Tamén estaban deliciosas.
AITANA tamén trouxo dúas novas pezas para o noso recuncho africano. Unha réplica da Esfinge de Giza e un escaravello pelotero. Contounos que as pezas estaban na casa da súa avoa; prometemos coidalas moito.
Como xa se achega o fin do segundo trimestre, aproveitamos para ir empezando a decorar as bolsas dos nosos traballos. Pintamos de azul o fondo con esponxas.
Hoxe venres, a parella formada por CARMEN e SASHA tivo tempo de rematar a súa máscara. Estiveron pegando bolas de porispán, cunchas, rafia de cores e,... plumas !!
Están moi orgullosos do resultado final do seu traballo, e non é para menos
Como nos ponemos ehhhh??? Que suerte!!! Amaya vemos que come cosas que en casa casi no prueba... Y esos trabajos cada dia mejor,cosa que a estas alturas ya no nos sorprende.
ResponderEliminarPreciosa a máscara de Sasha e Carmen, quedoulles chulísima!!!.
ResponderEliminarE que boa pinta tiñan esas madalenas e galletas ummm. A Paula gustaronlle moito.
Ana R.