Nesta recta final de curso enfocaremos o noso proxecto anual baseado nas obras de Julio Verne coa temática do espazo poñendo como punto de partida a súa obra "Da Terra á Lúa". Xa temos o recuncho preparado e cada día chega novo material; motas grazas polas aportacións!
Valentina Tereshkova no corredor de Educación Infantil |
O noso xogo de marmelada de sílabas desta volta está feito con vocabulario espacial que pouco a pouco imos coñecendo e interiorizando; está composto por palabras como meteorito, supernova, alunizaxe, amerizaxe, observatorio, constelación,...
Levamos a cabo actividades impresas para reforzar o aprendido
Aproveito esta entrada para amosarvos as últimas tarefas plásticas que levamos a cabo na realización da nosa secuencia didáctica polo Día do Libro, relacionadas con San Jorge e o dragón. A portada da secuencia é un mandala que pintamos con rotuladores e moita, moita paciencia 😉
Que traballadores son estes nenos e que bonito pintan!
ResponderEliminar