lunes, 6 de mayo de 2024

Da Terra á Lúa

 Nesta recta final de curso enfocaremos o noso proxecto anual baseado nas obras de Julio Verne coa temática do espazo poñendo como punto de partida a súa obra "Da Terra á Lúa". Xa temos o recuncho preparado e cada día chega novo material; motas grazas polas aportacións!





















No recuncho temos propostas de xogo libre





Falamos da primeira muller astronauta, Valentina Tereshkova, do Apolo XI, o seu comandante Neil Amstrong e vimos en internet a súa alunizaxe; coñecemos a cadeliña Laika e a súa fazaña
 






Valentina Tereshkova no corredor de Educación Infantil

O noso xogo de marmelada de sílabas desta volta está feito con vocabulario espacial que pouco a pouco imos coñecendo e interiorizando; está composto por palabras como meteorito, supernova, alunizaxe, amerizaxe, observatorio, constelación,...


Levamos a cabo actividades impresas para reforzar o aprendido






Aproveito esta entrada para amosarvos as últimas tarefas plásticas que levamos a cabo na realización da nosa secuencia didáctica polo Día do Libro, relacionadas con San Jorge e o dragón. A portada da secuencia é un mandala que pintamos con rotuladores e moita, moita paciencia 😉














1 comentario: