sábado, 9 de enero de 2016

A Hora do Panel

Todos os días despois das rutinas de entrada (poñer mandilón, gardar merenda, libreta e colgar abrigo e mochila) chega a hora do panel; reunímonos tod@s para contarnos as nosas cousas, pasar lista, ver o día que é hoxe e o tempo que fai, quen falta,...
Este é o noso Panel Africano
Para pasar lista temos uns exploradores e exploradoras moi simpáticos
Neste vídeo podedes ver como pasa lista a nosa compañeira Carolina
O venres estreamos o calendario do 2016 e apuntamos as datas importantes do mes de xaneiro
 Aproveitamos para contarvos que xa temos rematado o noso recuncho dos meses do ano; están numerados, temos as nosas fotos colocadas no mes en que celebramos o noso aniversario e fixemos unha tarxeta para cada mes que colocaremos no panel cando corresponda (a cada mes asignámoslle unha celebración; en xaneiro conmemoramos o Día da Paz)
Pola tarde estivemos xogando a un xogo de asociación de cores e figuras xeométricas que nos trouxeron os Reis
E antes de marchar para casa celebramos na aula o aniversario de LÍA que, durante as vacacións de Nadal festexou os seus 3 anos e quixo compartir con tod@s unhas deliciosas galletas das que non sobraron nin as faragullas
 

1 comentario:

  1. Que panel tan interesante e orixinal tendes!! E os exploradores simpatiquísimos jajaja
    Nótase que estes nen@s son moi bos, que os Reis Magos deixaron moitos regalos na aula, que sorte!!!

    ResponderEliminar