Este xoves volvemos de novo á aula despois das vacacións de Nadal.
Despois do balbordo inicial no que tod@s queriamos contar o ben que o pasaramos, decatámonos de que nunha mesa había unha sorpresa "Real". As súas Maxestades de Oriente quixeron parar na Sementeira na noite de Reis para deixarnos uns regaliños: varios libros e unha estación meteorolóxica que viñan acompañados dunha carta na que nos felicitaban polo noso bo comportamento.
Pero aínda había máis sorpresas porque na casa de PAULA tamén deixaron regalos para a Sementeira
Tres libros que xa están no caixón dos libros viaxeiros dos venres.
ALEJANDRO tamén chegou cargado de sorpresas: un crebacabezas para o noso recuncho espacial e un roscón de Reis que comemos o venres pola tarde despois da nosa visita semanal á biblioteca do cole.
este era o roscón antes e .... despois
Como empezamos un novo trimestre, tocaba cambiar os equipos.
Unha vez organizados no noso novo sitio, tivemos que poñernos de acordo para elexir un nome para a nosa mesa. A única condición era que tiña que ser un nome relacionado co espazo.
Os elexidos foron os seguintes:
- Agujero Negro.
- Sol.
- Meteoritos.
Eses son os nomes dos novos equipos para o segundo trimestre.
![Gifs de estrellas](http://gifs.chiquipedia.com/images/gifs-estrellas-2.gif)
O venres contamos un dos contos que nos trouxeron os Reis Magos
Reseña:
Se queres
coñecer o punto de mira de Miró, deberás seguir as peripecias de cinco
salvaxes manchas de pintura, con moitas, moitas ganas de manchar.
Foi así como coñecemos un novo artista; JOAN MIRÓ.
Estivemos boa parte da mañá curioseando por internet e mirando algún dos seus cadros.
Atopamos un titulado: LA ESTRELLA
![](http://ecdecoracion.com/catalogo/img_normal/CA-33266.jpg)
![](http://3.bp.blogspot.com/-cOhvJhnq5lc/VLFNvjPSPiI/AAAAAAAAPBU/eD7LlqYh0RQ/s1600/IMG_20150109_132851.jpg)
![](http://4.bp.blogspot.com/-4nDZ-oY49fM/VLFOAaWfg0I/AAAAAAAAPBc/rqH5mAW2b1s/s1600/IMG_20150109_132855.jpg)
E decidímonos a facer unha réplica
EQUIPO "SOL"
EQUIPO "METEORITO"
EQUIPO "AGUJERO NEGRO"
Aquí están os resultados
Que sorte ten esta aula cos Reis Magos. Cantos regalos.... E seguro que a estación meteorolóxica foi todo un éxito. E por si fora pouco, roscón para merendar. Sodes a envexa de todo o colexio.
ResponderEliminar