O venres 30 de xaneiro conmemoramos no cole o Día da Paz. Como xa vos contamos noutra entrada, cada curso escribiu unha carta a un cole cos nosos mellores desexos de Paz. Pola tarde xuntámonos tod@s no ximnasio para lelas e cantar unha canción.
Exerceron de presentadores un neno e unha nena de 6º curso
A carta da nosa clase lérona PABLO PIÑEIRO, ALEJANDRO E IVÁN
e fixérono estupendamente. Moi ben chicos!!
Esta é a carta que enviamos ao CEIP Rosalía de Castro, de Xinzo de Limia
Cando remataron de ler, recibiron un forte aplauso de tod@s @s compañeir@s
Agora soamente queda esperar a que algún do cole ao que enviamos as nosas cartas, nos mande noticias de volta.
Seguro que pronto chega esa resposta tan ansiada. Tende un pouquiño de paciencia porque os carteiros estes días, entre a choiva o vento e a NEVE.... van con un pouco de retraso. Ja,ja.
ResponderEliminarBicos
Ten razón Pili, seguro que estes días co tempo que fai os carteiros levan un pouco de retraso. Pronto chegarán noticias de volta.
ResponderEliminarFelicidades a Pablo, Alejandro e Iván.
Bicos