Temos un conto novo na nosa biblioteca de aula:
É moi divertido pois antes de pasar cada páxina debemos soprar moi forte para ler o que pasa. O libro tráenos rimas divertidas, breves, que convidan a achegarse ao
burato e non parar de soprar. Porque... quen se resiste? Se ata podemos
facer voar un elefante!
Gustounos tanto que decidimos contalo de novo o día que subimos á biblioteca do cole.
Estivemos traballando na biblioteca despois de contar o conto; fixemos unha réplica da portada
Deixamos unha parte do traballo para colorear con acuarelas outro día
Ao rematar, estivemos lendo os libros do espazo que temos na biblioteca do cole
E o luns rematamos a nosa tarefa
"Sopra neste furadiño" xa forma parte dos contos viaxeiros dos venres. Este fin de semana levouno Pablo Piñeiro e seguro que o pasarán pipa!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario