sábado, 25 de abril de 2015

Semana do Libro

Esta semana foi moi axetreada na Sementeira, con varias celebracións e unha saída ao teatro.
 Como sabedes, o día 23 celebramos o DÍA DO LIBRO, e quixemos facer unha semana con actividades especiais para conmemorar esta data.
O LUNS estivo na aula Pili, a mamá de PABLO MIGUÉNS, e contounos o conto
 
 Como o conto remata cun cocido, Pili tamén trouxo o seu; con gorro de cociñeira incluido
 Pablo fixo entrega do merecido diploma a Pili
  Pero antes de marchar aínda tiña outra sorpresa!! un conto do Galo Quirico para cada neno e nena
  Como aínda nos sobrou un pouco de tempo, fixemos un pequeno debuxo sobre o conto
 Pasamos un rato moi entretido. Moitas grazas por todo Pili!!
Gifs animados de gallinas y gallo divertidas

O MARTES fomos a Santiago a ver a obra de teatro "Peter Pan".
Foi divertidísima e portámonos moi ben!
Gifs animados de Autobuses, animaciones de Autobuses


Antes de entrar no teatro tivemos tempo de tomar unha pequena merenda


 Cando xa tod@s estabamos sentad@s deu comezo a obra







 Ao rematar a obra, Peter Pan, Campanilla e o Capitán Garfio achegáronse a saudarnos




O XOVES celebramos no cole o Día do Libro. Estivemos na biblioteca vendo un vídeo onde contamos cales son os nosos libros favoritos
O noso compañeiro PABLO PIÑEIRO trouxo un regalo moi especial para celebrar este día
 Tamén tivemos tempo de facer uns marcapáxinas para conmemorar este día. Fixémolo do Principiño, pois estamos a ler o libro na aula.
O VENRES visitamos unha exposición no corredor do cole; son fotos de todos os nenos e nenas do Rosalía lendo contos





E tamén estivemos na biblioteca lendo o conto
"Cuando me hice así de pequeño"

Como podedes ver, foi unha semana moi axetreada e divertida!!

1 comentario:

  1. Pois si que foi unha semana axetreada. Pero divertida e inesperada. Iso e o bonito deste ciclo, que todolos días poden ser diferentes e sorprendentes, tanto para vos como para nós. Que pena pensar que se acaba... Pero medramos, ainda que non acabemos de crelo de todo. Gracias profe por deixarme estar con vos ese anaquiño do voso tempo. Sabes que eu disfruteino tanto como eles. Bicos.

    ResponderEliminar