O venres pasamos unha tarde moi especial en Educación Infantil pois ANIA, tía da nosa compañeira de catro anos Nora, que é monitora de ioga e unha grande experta no tema, ofreceuse a darnos unha clase onde puidemos coñecer un pouco máis desta disciplina. Dende a clase de cinco anos queremos AGRADECER ENORMEMENTE a boa disposición de Ania, todo o que nos ensinou en tan pouco tempo e a gran dose de paciencia que demostrou ter. MOITAS GRAZAS ANIA! Esperamos verte pronto!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario