Na nosa última visita á biblioteca do cole contamos un conto que tamén temos na aula, titulado "NARIZ DE OURO"
O protagonista é un neno moi serio ao que non
lle chistaba que lle chamasen Eduardiño, nin sequera Edu. Pero, por
suposto, na escola todos, todos lle chamaban Eduardiño e ademais ríanse
do seu nariz.
Vivir cun nariz enorme polo que tes que pagar dous asentos no autobús non é nada sinxelo, pero Eduardo conta co apoio incondicional da súa nai que todas as noites lle le O patiño feo.
Como é un neno espelido, Eduardiño xa sabe que ao final do conto o pato se transforma en cisne. Pero, a quen lle importa non ser un cisne? Que hai de malo en ser un pato?
Despois do conto tivemos tempo de ler de xeito individual.
Estivemos moi concentrad@s na lectura ata que Sabela nos informou de que a través da fiestra e según ela mesma dixo, "¡¡allá a lo lejos, en Santiago, se ve un castillo profe!!"
"allá a lo lejos" era a Escravitude e o que a Sabela lle parecía un castelo era unha fábrica de pensos. Alán informounos de que un amigo seu traballa alí. Nin que dicir ten que pasamos un rato moi divertido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario