martes, 30 de junio de 2015

Fin de Curso

O día 18 celebramos no cole o Festival de Fin de Curso. Foi un día moi especial pois fixemos a nosa última actuación como alumn@s de Educación Infantil.
A canción elexida este ano foi "I will survive", de Gloria Gaynor e a temática do noso atuendo foi unha explosión de cor que contribuíu a que a nosa actuación fose tan vistosa.
Antes de que o Festival dese comezo, tivemos tempo de posar como auténtic@s profesionais para deixar inmortalizado o momento.
A nosa actuación foi das máis aplaudidas pois fixemos un baile moi divertido

 
Foi un festival divertidísimo e con actuacións memorables!!
  
Rematamos a festa cunha gran merendola na aula de psicomotricidade
Despois de facer esta "parada técnica" xa estabamos list@s para xogar un pouco no patio. Pintamos con tizas no chan e pasámolo pipa. E aínda nos quedaron ganas de comer entre tod@s unha gran torta de chuches.
Antes de marchar para casa Pablo Piñeiro repartiu unha galleta personalizada para cada compañeiro e compañeira como regalo de despedida da súa familia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario