Chegou o momento en que debemos dicir adeus á nosa etapa como alumnos e alumnas de Educación Infantil para dar paso no mes de setembro a unha nova aventura, desta volta xa como alumnado de Educación Primaria.
O último día de cole foi moi emotivo para tod@s nós pois era o momento de despedirnos da aula na que pasamos tanto tempo xunt@s.
Fixemos un pequeno acto de GRADUACIÓN
Moitas grazas ás mamás de Pablo Miguéns e Xoel pola súa implicación na actividade pois, coa vestimenta elaborada por elas, adquiriu un ton moito máis... solemne.
Estas fotos quedarán para sempre no noso recordo.
Poñemos fin a un ciclo. O primeiro da vosa vida académica. Foi para min un verdadeiro pracer convivir con tod@s vós durante estes tres anos nos que aprendimos e medramos xuntos. Sempre vos levarei moi preto do meu corazón: IVÁN, PABLO MIGUÉNS, LUIS, ROI, IRENE, ALEJANDRO, AINHOA, CARMEN, BREIXO, CANDELA, IRIA, NEREA, PAULA, ULISES, DANIELA, DANIEL MARTÍNEZ, ALESSANDRO, PABLO PIÑEIRO, ANABEL, SABELA, CARLA, IZAN, ALÁN, XOEL E DANIEL TRIGO.
Quero agradecer dende aquí todo o apoio recibido polas familias grazas ao cal o meu traballo foi moito máis sinxelo e gratificante. Con pais e nais implicados na vida da escola melloramos a calidade da educación que podemos ofrecer dende as aulas e moitas das actividades que se levaron a cabo estes anos non terían sentido sen a vosa participación.
MIL GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS!
TU MANO Y LA MÍA
HICIERON UN SOL
PEQUEÑO,... GIGANTE,...
¡RADIANTE DE AMOR!
PASARON LOS AÑOS
Y NUESTRO SOL CRECIÓ.
PERO HOY DEBEMOS DECIRNOS:
A D I Ó S
POR ESO TE PIDO YO,...
DONDE VAYAS
LLEVA NUESTRO
SOL
ATA SEMPRE!
Grazas Ana polo teu magnífico traballo (e falo a nivel personal e particular), eres traballadora, entusiasta e loitadora, para min encantadora!!! A Daniela costoulle un pelín todo o proceso de adaptación, pero quedalle para sempre un bo recordo da profe Ana! Como nai dicir que me pareceu excelente o teu traballo, o teu trato co alumnado e a tua dedicacion a cada un dos nenos!! ou polo menos no meu caso!! Dame medo o etapa de primaria e dame pena que finalice infantil pero sei que é lei de vida.. non queda outra. Moitos bicos e grazas infinitas!
ResponderEliminar¡Qué guap@s estes graduad@s! É increíble que xa vaian para primaria. Parabéns a tod@s polo que traballástedes en infantil. Seguro que en primaria vai ir todo moi ben. E parabéns á súa profe por animalos a aprender e a medrar. Un bico para este grupo de sementeiros e sementeiras!!!!
ResponderEliminarMUCHÍSIMAS GRACIAS ANA!!!!!!!!!!!!
ResponderEliminarEstoy encantadísima de que Paula tuviera una profesora como tú, me pareció excelente tu trabajo y tu dedicación a cada uno de nuestros niños. Tenemos que estar todos muy agradecidos por tu labor. Yo personalmente sé que Paula va completamente preparada para Primaria, estoy muy tranquila en ese sentido y eso es gracias a una profesora como tú. Te vamos a echar mucho de menos, tanto los niñ@s como las madres.
MIL VECES GRACIAS.
BESOS
Eu non podo dicir outra cousa que GRAZAS. Non me cansarei nunca de dicilo. Grazas pola paciencia, grazas pola comprensión, grazas pola decicación, grazas polo entusiasmo, grazas por participar na educación dos nosos fillos e fillas, grazas tamén por escoitarnos a nós, os pais e nais de todos estes sementeiros e sementeiras, grazas por facernos partícipes de moitas das actividades, grazas por deixarnos ver un pouquiño do que fixestedes a través deste bloque (que non falte nunca), grazas por contarnos o outro que non podemos ver, grazas por querer os nosos fillos como sei que os queres, grazas por facer que me emocione con un montón de cousas (como agora mesmo me está a pasar, que xa empeza a pingar a bágoa, ja, ja. Son así eu..), grazas tamén pola túa amizade (que é mútua). En fin, que PESE A QUEN LLE PESE, GRAZAS POR SER TI, ANA.
ResponderEliminar