lunes, 29 de junio de 2015

Unha maleta chea de sorpresas

Antes de rematar o cole recibimos na aula unha visita inesperada
NURIA, a mamá de ALEJANDRO chegou disposta a facernos pasar un rato moi divertido.
Traía unha maleta misteriosa chea de cousas. 
O primeiro que sacou dela foi unha botella de auga pois, como ela mesmo dixo, é moi importante hidratarse antes de contar un conto!
Nuria traía un conto titulado "JUAN SIN MIEDO" e unhas gafas especiais para ler. Pero tiña un problema.... esas gafas soamente lían en alemán! Entón pediunos que fixésemos tod@s maxia para poder ler o conto en castelán.
Unha vez conseguido, chegou o momento de contar o conto


 Chegou un momento en que Nuria pediu a nosa colaboración para continuar co conto polo que nos convertimos en improvisados actores e actrices
Pasamos un rato moi divertido
 Tivemos un montón de regalos; unha taza para o café da profe e chuches e un pompeiro para @s compis

Moitas grazas Nuria!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario