Hoxe fixemos un montón de cousas na clase de 3 anos: cantamos, bailamos, lemos contos, traballamos, merendamos e xogamos con xogos novos. Pero o máis divertido de todo foi a visita que fixemos ás cociñeiras do cole, pois estivemos visitando o comedor.
A pota onde se fai o caldo é xigante
O grifo parecía unha ducha !!
O conxelador está repleto de comida
E na despensa temos de todo
Estivemos dando o visto e prace ao menú de hoxe: macarróns con tomate e queixo. Tiñan unha pinta deliciosa !!
O lavalouzas chamounos moito a atención
Esta máquina é un pelador de patacas. Á profe Ana encantaríalle ter un así na casa !!
Foi divertidísimo meterse na neveira
Moitas grazas ás cociñeiras que nos atenderon porque tiveron moita paciencia con tod@s nós. Pasamos un rato moi divertido !!
Despois da visita ao comedor chegou a hora da merenda. Hoxe mércores, era día de froita e moitas das merendas foron súper saudables
¡Que visita máis interesante! A verdade é que estes novos sementeiros están facendo moitas cousas divertidas no seu novo cole. Que ben o pasan!
ResponderEliminarPaula Ces se lo pasó pipa!! le encantó la cocina que era muy muy muy grande mami!!. Da gusto ver lo bien que se lo pasan y lo mucho que aprenden.
ResponderEliminar