Temos un conto novo na nosa biblioteca de aula:
O Grúfalo conta a historia dun rato que sae a pasear polo bosque e atópase con tres animais moi famentos que queren comelo: un raposo, un moucho e unha serpe. Pero o rato é moi listo e fálalles de que está por atoparse cunha criatura monstruosa e logra escapar de cada un deles. O rato está convencido de que esa criatura non existe, ata que el mesmo atópase con ela. Para persuadilo a el de que tampouco o coma, dille que todos no bosque téñenlle medo a pesar de ser pequeno. O Grúfalo non lle cre, pero decide acompañalo polo bosque. Todos os animais quedan asombrados ao ver que o rato, efectivamente, está acompañado da besta que lles describía. Ao final da historia, o Grúfalo tamén decide fuxir porque conclúe que, se todos os animais teñen medo do rato, debe de ser por algunha razón.
Pola mañá contamos o conto na aula e conversamos sobre el. Pola tarde estivemos vendo unha animación do Grúfalo na Pantalla Dixital
Aproveitamos para recordar un cadro que estivemos traballando a semana pasada
(pronto poderedes ver o que fixemos baseándonos no cadro)
"El grito". Edvard Munch |
E xogamos a discriminar sons, esta vez, de animais
No hay comentarios:
Publicar un comentario