Uélé Moliba Makasi é unha canción africana que estamos aprendendo na aula.
A semana pasada comezamos a investigar un pouco sobre un dos países africanos máis apaixoantes: EXIPTO.
Aproveitamos a sesión do venres na pantalla dixital para ver e falar das súas pirámides, do río Nilo, pero sobre todo, o que máis chamou a nosa atención, foi todo o relacionado co tema das momias e dos sarcófagos.
Tamén disfrutamos cos debuxos animados de "Martín el Egipcio"
O xoves pasado tamén tivemos tempo de pasar a saudar á parella de GUERREIROS MASAI que coidan dos dominios de Educación Infantil. Gústanvos?
Queremos contarvos tamén que temos un montón de cousas novas no noso recuncho africano; a mami do ex-sementeiro PABLO MIGUÉNS prestounos todo isto:
Moitas grazas Pili por seguir interesada e implicada coas actividades que levamos a cabo nas aulas de infantil.
Hoxe coloreamos a máscara funeraria de TUTANKAMÓN. É un personaxe que nos fascina.
Foi unha sesión de traballo amenizada con banda sonora do país do noso proxecto.
Antes de finalizar esta entrada, contarvos que chegaron as postais de LÍA, AITANA CITOULA e PEDRO MEIJUEIRO para o concurso de Nadal. Grazas por participar !!
E unha última cousa... mirade o que está a crecer na porta de infantil,...
seguiremos informando
Grazas a vos por seguir deixando que participe. Xa vedes que teño "mono" e non so capaz de despegarme.
ResponderEliminarUn abrazo.
Me encanta todo!! Me gusta el tema de Africa y toda la decoración referente a ese tema. Y me encanta escuchar a los niños hablando de TUTANKAMON, MOMIAS Y GUERREROS MASAI...así como un montón de cosas nuevas q aprende cada dia. Es realmente sorprendente.
ResponderEliminarPedro está obsesionado con Martin Martin, vaya descubrimiento hizo, jajaja
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarMartin Martin Martin...tambien pasa mucho tiempo con nosotros.
ResponderEliminar