O venres 18 celebramos o Nadal por todo o alto no cole. Foi un día cheo de emocións e actividades.
Ao chegar recibimos a noticia de que nin máis nin menos que as súas Maxestades de Oriente estaban a esperarnos no ximnasio, e nin que dicir ten que nos fomos inmdiatamente a velos; aínda que é certo que non tod@s quixemos sentarnos no seu colo e contarlles se nos portabamos ben.
Aquí están as fotos d@s valentes que lle deron un abrazo aos Reis Magos
Despois da emoción de estar á beira dos Reis, fixémonos unhas fotos para o recordo no photocall que as profes tiñan montado na aula de psicomotricidade
Despois das fotos subimos á biblioteca porque nos estaba esperando un espectáculo de maxia. Pasámolo xenial
Unha vez rematada a actuación chegou un dos momentos máis agardados da festa: a hora de comer as 12 uvas para festexar por adiantado a entrada do ano 2016
A profe Victoria foi a encargada de facer soar as campanadas co pandeiro
E unha vez rematadas as uvas, todo o mundo a merendar !
Levamos para casa os nosos traballos dentro da bolsa que decoramos durante a semana. Estas fotos son do proceso de elaboración da nosa bolsa
E aquí están os Sementeiros e Sementeiras preparados para marchar a comer e pousando moi orgullosos cos seus traballos
DENDE A AULA "A SEMENTEIRA" QUEREMOS DESEXARVOS UN MOI FELIZ NADAL
VÉMONOS O ANO QUE VÉN
No hay comentarios:
Publicar un comentario