Levamos un par de semanas a un ritmo frenético de traballo nas aulas de Educación Infantil pois estamos levando a cabo varios traballos conxuntos todas as aulas.
O primeiro, xa rematado, é un cartel que fala da vida do homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas (Manuel María).
Moitas das aulas de primaria, xunto con infantil, elaboramos carteis onde se recollen algúns dos datos máis importantes da vida e obra do autor; a nosa intención e mandar todo este traballo en equipo a un concurso organizado a nivel autonómico e no que participan, seguro, moitos outros coles.
A parte que tocou reseñar no cartel a Educación Infantil foi a voda de Manuel María con Saleta Goi. Nós tamén quixemos salientar que, entre os dous, abriron a libraría "xistral" en Monforte de Lemos.
Na Sementeira fixemos pegadas cos nosos dedos, imitando un camiño
Para montar o resultado final reunímonos as tres aulas de infantil
Aquí está
Unha vez rematado puxémonos mans á obra co seguinte cartel.
Desta volta e para conmemorar o Día da Paz (30 de xaneiro) o cole organiza unha exposición onde se salientarán personaxes e/ou institucións que traballan pola PAZ.
Educación Infantil traballará sobre a figura de WANGARI MAATHAI, Premio Nobel da Paz no ano 2004
Hoxe na Sementeira lemos o conto "Wangari y los árboles de la paz"
E empezamos a traballar,...
Traballamos moi concentrad@s a ritmo dunha canción que nos encanta
Pola tarde estivemos pintando con diferentes utensilios
e tamén pegamos algunhas das letras que irán no cartel
Cando teñamos o noso traballo rematado seguro que quedará xenial!!
Si é verdade que levades un ritmo frenético. Acabar unha cousa para empezar con outra. Así están aprendendo tantas cousas eses peques.
ResponderEliminarTamén vexo (ou escoito) que estades escoitando algunha que outra canción africana, como a pegadiza "siyahamba". Non será por algo en especial, Verdade? Ja, ja, ja.
Bicos a todos e todas. Desfrutade todo o que poidades e mais.
Estos menos de infantil están feitos uns artistas. O cartel quedou chulisimo!!!
ResponderEliminar