Hoxe vivimos unha mañá moi especial pois o grupo de teatro da 3ª idade de Padrón representou para tod@s nós unha obra moi divertida
Despois da representación fixemos unha merenda conxunta con todos os actores e actrices, que prometeron volver a visitarnos moi pronto.
Onte contamos un dos contos que nos deixaron os Reis
E fixemos unha actividade impresa que formará parte dun pequeno traballo que estamos levado a cabo sobre as emocións
O monstro ten un pequeno lío coas emocións e nós imos axudalo a entendelas.
Esta semana celebramos o anviersario do noso compañeiro MAURO
Trouxo galletas e un pequeno detalle para compis e profes. Moitas Grazas!!
Estamos traballando no recoñecemento do noso nome propio xogando coas letras; temos pinzas da roupa para compoñer o noso nome e o dos nosos compañeiros-as. De paso, tamén traballamos a nosa motricidade fina.
E o noso recuncho africano segue a medrar
AITANA trouxo un libro sobre Exipto que lle trouxeron os Reis Magos
(ten un montón de troqueles e tarxetas para xogar; é estupendo)
LÍA trouxo un traxe típico africano, de Mozambique. A que está guapa?
Guapisima nuestra Lia!!!!Que guay lo de las pinzas,la profe no para de sorprendernos con algo nuevo cada dia!!!! Seguir pasandolo asi de bien sementeir@s!!!!
ResponderEliminar