martes, 2 de febrero de 2016

Un venres moi axetreado

O noso compañeiro Lucas naceu un 30 de xaneiro; data marcada tamén pola celebración do Día da Paz. Antes de celebrar o seu aniversario como se merecía estivemos traballando un pouco; fixemos árbores da paz para recordar a Wangari e colocámolos no corcho da nosa aula
Despois Lucas decorou a súa coroa e quixo compartir con tod@s unhas deliciosas galletas e chuches (ata houbo bombóns para @s profes)
8rWym
Coñecemos ao MECO; un personaxe moi singular que nos acompañará estes días e co que seguramente nos divertiremos pois cada día tenderemos que vir vestidos dunha forma moi peculiar. A manda do luns era traer algo na cabeza.
Recibimos a visita dos alumnos e alumnas de 6º de primaria, que nos cantaron a canción "Imagine", de John Lennon e así conmemorar o Día da Paz
Antes de marchar estivemos xogando unha partida ao "mémori"
Aproveitamos moi ben o tempo, non vos parece?

3 comentarios:

  1. Vaya si lo aprovechais!!!!!! No parais... Le sacais el maximo partido a cada dia. Nos encanta ver lo bien que lo pasais.

    ResponderEliminar
  2. Isto é un non parar!!!jajaja é certo que facemos un montón de cousas. É un grupo moi traballador que sempre ten ganas de aprender cousas novas. ASí da gusto !!!

    ResponderEliminar
  3. Si, aproveitades cada minuto do día. Co pequenos que son e todalas cousas que fan e que aprenden!!!

    ResponderEliminar