lunes, 14 de marzo de 2016

Cores Primarias

Nun dos libros que nos trouxo Lucas puidemos ver como fan en África para tinguir as teas; un proceso que nos chamou moito a atención.
As famosas factorías de peles da cidade de Fez, que datan da Idade Media, son consideradas como as máis importantes do norte de África. 
 instalaciones de la Curtiduría de Derb Chouwara. VIAJAR AHORA
As curtidurías situáronse a beiras do Río Fes desde a Idade Media para aproveitar os efectos limpadores dunha corrente que arrastra fóra da cidade todas as inmundicias da medina e os residuos dunha das industrias máis intimamente ligadas á historia da cidade.
por zilverbat  
Aquí labrouse, durante séculos, gran parte do prestixio comercial da cidade santa de Marrocos. As tenerías de Chouwara son as máis antigas da urbe e, segundo os propios artesáns que traballan as finas peles bereberes, as máis importantes de todo o norte de África.
   
Esta complicada maraña de pocetas onde se curten e tintan os pelellos de dromedario, vaca, ovella e cabra construíronse no século XIII e, desde entón, son o epicentro dunha das actividades artesanais de maior peso para a actividade comercial.
 
Na aula, decidimos facer algo parecido e tinguir auga de moitas cores.
 Empezamos polas cores primarias. Buscamos en internet cales son esas cores e,... mans á obra
 Unha vez que tiñamos claro que as cores primarias son tres, colocamos na nosa mesa dos experimentos o material necesario para obter auga de cores
 Botelllas, embude, xerra con auga e colorantes alimentarios
 Empezamos a diversión; tiñamos que encher a botella con auga axudándonos do embude
Unha vez chea a botella chegaba o momento de engadir o colorante. A primeira cor que fixemos foi o vermello
Repetimos a operación para a cor amarela
E por último tintamos a auga de cor azul
Este foi o resultado final
O noso primeiro experimento resultou todo un éxito.
 Pasamos unha tarde moi divertida.

2 comentarios:

  1. Estoy segura que les encanto a todos!!!

    ResponderEliminar
  2. Jajaja que cara de concentrados y que interés tienen!! No paran de aprender cosas nuevas.
    Ana R.

    ResponderEliminar