sábado, 23 de abril de 2016

África Encántanos

Seguimos avanzando no noso proxecto e cada día aprendemos cousas novas. Temos equipos novos: as Cataratas Vitoria e o Lago Retba.
 As cataratas Vitoria, situadas na fronteira de Zambia e Zimbabue, constitúen un salto de auga do río Zambeze. David Livingstone, o misioneiro e explorador escocés, visitou a fervenza en 1855 e bautizounas co nome de Raíña Vitoria, aínda que son coñecidas localmente como Mosi-oa-Tunya, o fume que trona.
 Patrimonio de la Humanidad 
Nas cataratas temos a Piscina do Diaño. Este accidente do terreo é unha das maiores atraccións de África debido a que permite aos curiosos bañarse tendo a poucos metros un abismo duns 108 metros de altura.
 
 O Lago Rosa ou Lago Retba: o adxectivo rosa provén da cor das súas augas, que se tornan especialmente rosáceas durante a estación seca. Isto débese a un alga chamada Dunaliella salina2 que fabrica un pigmento vermello para absorber a luz do sol. O alto nivel de salinidade permite que, do mesmo xeito que sucede no mar Morto, as persoas floten con facilidade. En torno ao lago atópanse pequenas explotacións extractivas de sal que comezaron nos anos 70. Os homes, coa auga ata o peito, rompen con bastóns o sal depositado no fondo antes de recollela con pas e encher piraguas dunha capacidade de ata unha tonelada. As mulleres descargan as piraguas e acumulan o sal no bordo do lago para secala e blanquearla ao sol. Tanto homes como mulleres protéxense da salinidade corrosiva untándose con manteiga de karité. O sal é destinada ás conservas de peixe ou á exportación.
 El Lago Retba: de agua color rosa 
manteca-karite-en-cosmetica
Coñecemos ademais a Avenida dos Baobabs en Madagascar, que une as cidades de Morondava e Belon'i Tsiribihina nun camiño flanqueado por 25 baobabs que poden alcanzar uns 30 metros de alto e contan cuns 800 anos ás súas costas. 
 Sabemos situar no mapa a illa de Madagascar
Madagascar Map
Xa temos moita información retida nas nosas cabeciñas, e tamén a recopilamos nalgunha ficha impresa
Equipo do Lago Retba
Equipo das Cataratas Vitoria
E tamén seguen chegando materiais para o noso recuncho
Aitana e Carmen trouxeron dous libros
 Lía un vestido, anacardos e manteiga de karité
 Probamos os anacardos e estaban deliciosos. Como nos dixo Lía: "estos son africanos ehhh chicos"
 Creo que nalgunha casa van a ter que ir ao supermercado a mercar anacardos porque nos encantaron!!!
Pedro Pérez trouxo un libro con moita información sobre os animais que vien en áfrica
Na PDI estivemos xogando con Tibao. Deixamos aquí o enlace para que tamén xoguedes na casa
Tocamos o BALAFÓN, instrumento con teclado de madeira e resonadores de cabaza. Lembrades que Lía trouxo un para o recuncho? a profe Teté ten outro na "Pementeira" e prestóunolo gustosa. 
Primeiro tocámolo de xeito virtual na pantalla e despois animámonos a dar un pequeno concerto

3 comentarios:

  1. ¡Qué bonita entrada no blog! Os que me coñecen ben, como a profe Ana, saben que ver aos pequenos disfrutar "viaxando" por África e aprendendo tantas cousas é xa un premio en sí mesmo, algo que me fai dar grazas por ter esta profesión, e por compartir tanto tempo con compañeiras estupendas. Ver as caras destes peques tocando o balafón é xenial. ¡3 anos só e todo o que aprenden! A seguir disfrutando chicos!!!!!

    ResponderEliminar
  2. Impresionante la naturaleza y los paisajes que tiene Africa!! y qué suerte tienen estos sementeir@s de poder hacer este estupendo proyecto.
    Ana R.

    ResponderEliminar
  3. IMPRESIONANTE TODO. HACE DOS SEMANITAS MAS O MENOS,ME SENTARON EN EL ORDENADOR PIDIENDO QUE ESCRIBIESE.. CATARATAS VICTORIAS (ASI LAS LLAMA EL, ACABADO EN ESE, Y QUE BIEN QUE AHORA ASI SE LLAMA SU GRUPO) PARA QUE VIESE COMO SON, LA PISCINA DEL DIABLO, EL LAGO ROSA LLENO DE SAL, EL KILIMANJARO (MONTAÑA LLENA DE NIEVE), Y LOS BAOBABS ( TONTA DE MI QUE PENSE QUE ERA UN ANIMAL Y NO VEAS LO QUE SE RIO DE MI) HASTA QUE ME DIJO QUE ERAN UNOS ARBOLES ENORMES QUE HAY EN MADAGASCAR. ASI A DIARIO. DESPUES LIA QUE TRAJO UNAS COSAS AL COLE QUE SABEN A CACAHUETE Y Q HAY EN EL SUPER, QUE SON AMARILLOS, VENGA AL GADIS Y COMPRAMOS ANACARDOS...ES UNA PASADA ANA, DE VERDAD QUE SÍ. TODO ESE DISCURSO GRABADO LO TENGO PORQUE QUISO COMPARTIRLO CON SUS TIAS. QUE SI SE LLAMAN VICTORIAS PORQUE EL SEÑOR QUE LAS DESCUBRIO LE QUISO PONER EL NOMBRE DE SU REINA (QUE POR CIERTO SEGUN EL ERA MUY FEA....) NOS ENCANTA ANA.ES PARA NOSOTROS UN ENORME PLACER REPETIRTE COMO PROFE.FELICIDADES .
    PAPAS DE SASHA

    ResponderEliminar