sábado, 4 de junio de 2016

Vero Boquete

Este mércores foi un día moi especial no cole pois non todos os días recibimos visitas da categoría de Vero Boquete. 
Verónica Boquete
Pasou toda a mañá connosco; primeiro cos máis pequenos e logo co alumnado de primaria; contounos moitas anécdotas da súa traxectoria como futbolista, respondeu a todas as nosas preguntas e fíxonos outras, xogou connosco, regalounos posters adicados, sorteou unha camiseta que era moi especial para ela e, por suposto, asinou moreas de autógrafos. Todo iso, con infinita paciencia e sempre cun sorriso nos beizos.
 Demostrounos que ademais de ser unha campioa no ámbito futbolístico, tamén é unha excelente persoa no trato persoal.  
As profes de infantil estamos moi agradecidas polo trato tan exquisito que tivo cos nenos e nenas, pola súa infinita paciencia e a súa boa disposición para calquera cousa que lle propoñiamos.
Summer Camp 2016
 O encontro con Educación Infantil comezou no ximnasio cunha charla moi animada
Despois saímos ao patio e,... xogamos ao futbol con Vero !!
Explicounos como celebra os goles; cando se marchou a xogar fóra de España a súa familia e amigos pedíronlle que elixise unha forma de celebralos e desde entón coloca a man na cara imitando un polbo
 Verónica Boquete celebra un gol con España
Firmounos un autógrafo e un poster adicado para cada aula
Para rematar regalámoslle unha postal cos nosos nomes agradecendo a súa visita e sacamos unha foto tod@s xunt@s para o recordo
 
Interesouse polo proxecto que estamos levando a cabo nas aulas pois ela mesma está moi involucrada neste pais como embaixadora da ONG Opportunity Football Stars que, a través da campaña "Goal Fame", persegue acoller e educar a parte dos nenos máis desfavorecidos de Tanzania; visitou o noso corredor africano e prestouse gustosa a unha pequena sesión fotográfica. 
O mes de xuño non podía haber empezado de mellor maneira.
MOITAS GRAZAS VERO !

2 comentarios:

  1. Nai aitana citoula5 de junio de 2016, 0:50

    Gracias profes,aitana ese dia cos nervios e a incertidumbre nin desayunou eu pensando que estaria incubando algo jajaja,ela debia pensar que vero non era de carne e oso coma ela...contoullo a toda a familia sobre todo a seu primo que lle parecia imposible que viñera vero boquete pero toda contenta ensinoulle a sua firma...un dia moi feliz gracias por compartir todos estes momentos cos papis estara sempre no noso recuerdo e gracias especialmente a profe ana e a vero..por facer sonreir os pequenos

    ResponderEliminar
  2. Jo que dia tan divertido pasaron jugando al futbol estos sementeir@s con esa gran futbolista

    ResponderEliminar