domingo, 20 de noviembre de 2016

Viaxando por... GALICIA

Xa sabedes todos que o proxecto deste ano vainos a ter ocupados viaxando por todo o mundo. Pero antes de iniciar esta viaxe, decidimos coñecer un pouquiño mellor a zona onde vivimos. 
Levamos un par de meses coñecendo un montón de lugares típicos da nosa Comunidade Autónoma, así como construcións típicas, tradicións, comidas,...
Fixemos diferentes actividades impresas que levaremos para casa cando remate o trimestre e estamos elaborando un libro de aula que recolle moitos dos momentos da nosa "viaxe".
O noso recuncho de aula encheuse de material que foron traendo diferentes compañeiros-as para o proxecto de arte pero, a medida que iamos coñecendo Galicia, ía chegando material más concreto.
 Lucas trouxo unha menina, dous libros de Roma e un libro precioso con pinturas de diferentes artistas galegos, entre eles Maruja Mallo
 Amaya trouxo un libro de arte para nenos e un caparazón de centolo que atopou na praia, pois falamos de que en galicia cómese moi bo marisco
 Sasha chegou entusiasmado co seu libro sobre Exipto (África segue estando moi presente na aula despois do proxecto do ano pasado) e cunha recompilación de torres e edificios famosos que se iluminan pola norte (igual que a Cidade da Cultura).
 Carolina visitou a Catedral de Santiago de Compostela e trouxo recordos para a aula.
Xa sabemos que na Catedral hai un botafumeiro moi grande no que se queima incenso. 
Como non sabiamos que era iso do incenso a profe trouxo unhas variñas del e antes de queimalo, estivemos a cheiralo. Foi todo un acontecemento na aula. 
   
 
 
 
  
 
Agora algúns días queimamos unha variña para que "A Sementeira" cheire ben.
Lía trouxo un libro con recortables de monumentos famosos (seguro que lle damos bo uso na aula porque é un libro moi interesante). Visitou tamén a Catedral de Santiago e ata foi ata as murallas de Lugo mirade,..
Trouxo para o recuncho unha réplica da Catedral de Santiago e outra das murallas de Lugo.
 
Aitana Citoula foi ao acuario da Coruña, que se atopa ao ladiño da Torre de Hércules. Tamén atopou un hórreo nun conto dos bolechas, que quixo compartir con tod@s.
O noso recuncho vai tomando forma
     Estamos elaborando un mural para o corredor de infantil no que temos pensado pegar estas postais escritas por nos, dos lugares que xa coñecemos.
 
  
 
   
  
  
 
  
  
  
Unha das últimas actividades impresas que fixemos e que irá no libro de fichas, foi a nosa propia versión da bandeira de Galicia. Primeiro fixámono ben en todos os detalles,  depois coloreamos unha e finalmente animámonos a debuxala seguindo o modelo na P.D.I.
 Un día confundimos a fotografía dunha empanada galega cunha pizza e iso deunos pé para falar de Italia e da súa comida máis internacional: a pizza e os espaguetis. Decidimos investigar un pouco e descubrimos que os espaguetis teñen a sua orixe na China; curioso verdade?
 
Quen lle ía a dicir a Marco Polo que ía ser o detonante para empezar o noso proxecto e decidirnos a visitar o noso primeiro país: ITALIA.
Pero temos pensado visitar moitos máis lugares. En conversación colectiva falamos das cousas que coñecemos de diferentes países do mundo e tamén de cales nos gustaría visitar. Todo o falado está recollido nun gran mural colgado no noso recuncho.
  Pronto vos pediremos axuda para empezar a viaxe. Estade atent@s ás libretas viaxeiras!!

1 comentario:

  1. Jajaja me divierto muchísimo siempre con vuestras respuestas. Sois estupend@s!!!!
    Ana R.

    ResponderEliminar