viernes, 23 de diciembre de 2016

Festa de Nadal

Este mércores demos por concluído o primeiro trimestre do curso.
 Tivemos unha chea de actividades para celebrar a chegada do Nadal e gozamos a lume de biqueira toda a mañá.
Ao chegar ao cole estivemos a facer fotos coa decoración do Nadal de educación Infantil. 
 O noso bosque nevado foi o primeiro lugar onde nos retratamos.
Pero vimos interrompida a nosa sesión fotográfica porque nos avisaron de que os mismísimos Reis Meigos de Oriente estaban de camiño para facernos unha visita. Fomos ao patio para recibilos como se merecen tan ilustres visitantes.
E chegou o momento máis emocionante da mañá pois saudamos aos Reis no ximnasio; o caso é que, cos nervios e as présas do momento, non puidemos sacar todas as fotos que nos gustase. Aí van as que conseguimos facer.
Unha vez calmados os nervios do ximnasio, tocaban máis emocións fortes co espectáculo de maxia; arderon carteiras, desapareceron móbiles, os globos e os panos cambiaban de cor, ... non dabamos crédito ao que vían os nosos ollos !!
E despois dun espectáculo tan divertido tocou merendar. 
 Xuntámonos cunha chea de comida grazas a todo o que achegastes para compartir cos compis. MOITAS GRAZAS !! o que sobrou gardarémolo para a seguinte merendola.
 E xa coa barriga chea saímos ao patio a xogar un pouco pois había que facerlle sitio ás 12 uvas e así festexar un fin de ano anticipado. Este ano todo o cole se animou a participar dunha tradición que levamos varios anos facendo en infantil e, tod@s xunt@s comemos as uvas no ximnasio.
E antes de marchar a disfrutar das merecidas vacacións tivemos tempo de retomar a sesión fotográfica de primeira hora da mañá e sacar unha última foto de recordo do Nadal 2016 na lareira que temos na porta e pola que está a baixar Papá Noel.
Foi un día repleto de emocións, moitas risas e momentos moi divertidos. Agora toca descansar para vir cargados de enerxía e afrontar o segundo trimestre do curso con moitas ganas de aprender cousas novas. 

2 comentarios:

  1. Foi un día ben movido, sen dúbida! Pasámolo xenial! Boas festas a todos os nenos e nenas da "Sementeira", ás súas familias e á profe Ana! Á volta máis e mellor!

    ResponderEliminar
  2. Que bien aprovechado el ultimo dia del primer trimestre, no falto de nada un mago y unos reyes magicos incluido

    ResponderEliminar