Esta semana, aproveitando que estivemos aprendendo e coñecendo cousas sobre os Estados Unidos, descubrimos a un pintor novo: ANDY WARHOL.
Estivemos curioseando por internet e atopamos moitas das súas obras máis coñecidas.
Pero tamén atopamos moita información no noso recuncho pois é un artista bastante famoso, pois desempeñou un papel crucial no nacemento e desenvolvemento do pop art.
A súa famosa lata de tomate, gustounos tanto que decidimos facer tamén nós unha
O resultado final da nosa sesión de traballo xa está exposto no corredor de infantil, ao lado dun mural moi neoyorquino que pintou a profe Teté.
Os nenos e nenas da clase de 3 anos tamén están feitos uns artistas imitando a Pollock e a Mondrian |
Pero o traballo non rematou aquí pois despois do recreo quixemos pintar o retrato de Warhol coma se o fixese el mesmo no seu estudo de Nova York.
Ao final o día resultou do máis animado grazas ao "pop art"
Menos mal que ese día AITANA trouxo un biscoito pois ela xa debía de intuír que ía ser un día de moito traballo e necesitariamos repoñer forzas. Estaba delicioso; MOITAS GRAZAS.
Andy Warhol xa ocupa un lugar destacado no noso recuncho de arte
¡Como me gusta ese traballo sobre Warhol! Parabéns chicos, esas latas de sopa no corredor dan un aire moi pop ao noso particular museo de infantil!
ResponderEliminaras latas de sopa quedaron tan ben que ni n o Andy sospeitaría.
ResponderEliminarasimismo os retratos del son xeniais.
noraboa
Luis Manteiga
Chulisimoooo ese corredor!!!!Geniales esos artistas!!!!
ResponderEliminar