Este luns conmemoramos no cole o Día da Paz e non violencia. Reunímonos tod@s no ximnasio para cantar pola Paz, pois o día non estaba moi apetecible para saír fóra.
Ao rematar o noso pequeno "concerto", soltamos unhas pombiñas mensaxeiras de Paz
Rematamos a tempo a nosa versión do Guernica de Picasso. O luns pola mañá, aproveitamos para darlle os últimos retoques entre as tres aulas. @s compis que ían rematando a tarefa, pintaron un pouco no cadro.
E, sabedes unha cousa? o 30 de xaneiro é moi especial para o noso compañeiro Lucas porque é o día do seu aniversario, polo que na Sementeira tivemos dobre celebración.
Lucas decorou unha coroa estupenda pero a comilona con galletas e reparto de chuches tivo que esperar ao día seguinte pois non tivemos tempo de máis.
fotógrafa: Amaya |
Foi un día repleto de emocións
Un dia muy bonito para nacer Lucas, FELICIDADES!!!!Un dia de la Paz muy completo sin tiempo para aburrirse;a nosotros lo que mas nos gusto fue la suelta de palomas y,como no,ver a nuestros Sementeiros cantando no tiene precio!!!!!
ResponderEliminarCon mucha alegría y entusiasmo cantan la canción por la Paz. Un gustazo verlos!!
ResponderEliminarAna R.