martes, 28 de febrero de 2017

Un entroido con moita ... ARTE

O pasado xoves festexamos o entroido por todo o alto no cole Rosalía. A temática de Educación Infantil este ano xiraba, como non, arredor do noso proxecto de arte polo mundo. E un ano máis os nenos e nenas non defraudaron cos seus disfraces. Moitísimas grazas familias por poñer da vosa parte para que tivésemos o entroido máis artístico que se recorda en Padrón.
Ao chegar e, antes de facer un último ensaio da nosa actuación, retratámonos metidos de cheo no personaxe do noso disfrace nos diferentes espazos preparados para a ocasión.
 
 
 



 
 
 
 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
  
 
 
 
 As profes de infantil tamén viñeron moi artísticas, facendo unha pequena homenaxe á pintora mexicana Frida Kahlo
 
 
A primeira actuación do festival foi a nosa. Bailamos con moita alegría e fixémolo moi ben porque todo o público aplaudiu moito. Estamos pendentes de recibir a gravación da nosa actuación. En canto a teñamos colgarémola no blogue.
Despois, máis relaxadamente, disfrutamos moito con todas as actuacións dos nosos compis de primaria.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
E unha vez rematado o festival, tocou repoñer forzas cunha gran merendola


 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Antes de ir a xogar un pouco ao patio, fixemos un photocall moi especial. Lembrades as caixas de ovos que vos pedimos hai unhas semanas? pois usámolas para facer uns marcos e así sacar estas fotos tan divertidas. Tivemos moitos voluntarios e voluntarias que se animaron a ser inmortalizados.



 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Para rematar este día tan especial, disfrutamos do concerto de Paco Cerdeira (Gramola Gominola)
 
 
 
 
 
 
 
 

 
 
 
 
 
Foi un día xenial, repleto de risas e alegría.
 Resultado de imagen de entroido 2017
Imagen relacionada

3 comentarios:

  1. Muchisimas gracias!!
    No pude ir pero gracias a esto casi casi es como si yo misma fuese una sementeira.
    Fue un dia muy completo y muy chulo.
    Y los disfraces cada cual mas chulo.
    Sois todos unos campeones, tanto profes como alumnos.
    Mama de Pedro Perez

    ResponderEliminar
  2. Estamos esperando impacientemente ese video lo han hecho genial son unos excelentes bailarines

    ResponderEliminar
  3. Bien,bieen y mil veces bieeenn!!! Gracias un año mas por emocionarnos, hacernos disfrutar y hacernos sentir orgullosos de todos vosotros.Y gracias a esas grandisimas profes por todo el empeño,dedicacion y cariño que ponen en cada cosa que hacen pues a la vista están los resultados.Felicidades sois muy GRANDES!!!!! :-)

    ResponderEliminar