A semana pasada a profe María e os nenos e nenas da clase do "Paseo do Espolón" regaláronnos tres bulbos. Este xoves aproveitando que estaba un día estupendo, saímos ao patio traseiro a plantalos.
Unha vez plantados os bulbos, deixamos as macetas no patio dianteiro ao lado das plantacións que fixeron as outras aulas de infantil. Agora toca regar e esperar a que medren.
Os bulbos plantados pola aula do "Paseo do Espolón" xa teñen uns narcisos preciosos cun aroma delicioso |
Na aula estamos facendo a conta atrás para a primavera. O venres a nosa encargada apuntou que soamente faltaban tres días.
E Carolina, que foi a primeira que se acordou de que había que regar os bulbos, fixo a tarefa na hora do recreo.
Ahora entendemos porque una personita esta semana no paraba con la regadera en el jardin.....
ResponderEliminar