martes, 7 de marzo de 2017

Recuncho




O noso recuncho destinado ao proxecto segue medrando día a día. Estas son as últimas aportacións recibidas:
MAURO trouxo a lata de sopa de tomate máis famosa do mundo
 AMAYA, de paseo camiño da gardería da súa irmá atopou unha rúa adicada a Maruxa Mallo
  PEDRO trouxo un sombreiro que, como ben explicou, é típico de Vietnam.
Imagen 
CAROLINA aproveitou as vacacións de entroido para visitar Madrid e trouxo unha bola de neve.
 Tamén lle regalou á profe Ana para a súa neveira un imán de Budapest.
LÍA trouxo un bote de crema de cacahuete, moi típica nos EEUU.
 E como tamén viaxou no entroido, veu cargadiña de cousas novas. Estivo en Barcelona visitando entre outros moitos lugares, o Museo Picasso e a Fundación Joan Miró.
 http://barcelona.b-guided.com/upload/noticias/picasso-n7x8682-83.jpg
 Resultado de imagen de museo miro
Regaliños para a profe
 
 
 
 Peluche "Mironí"
 Temos un novo amigo na Sementeira; trátase de Mironí, o protagonista do libro "Mironins", que se escapou dunha pintura de Joan Miró e paséase polo mundo coñecendo a novos amigos.
O xoves pasado probamos a crema de cacahuete. Temos que dicir que foi todo un éxito. Gustou moito.
 
 
 
Sasha contouno que o seu papá ten un bote de crema de cacahuete na casa
 
 
 
 
 
 Como podedes ver, este proxecto está sendo do máis produtivo; non paramos de aprender cousas novas e, con todo este novo material aportado seguro que faremos un montón de cousas divertidas.
SEGUIREMOS INFORMANDO
😛

1 comentario:

  1. No sabemos que tiene mejor pinta si los libros o la crema de cacahuete...A nuestros Sementeir@s les gusta todo lo que hacen!!!! Tremendo el recuncho de este año!!! Crece,crece y sigue creciendoooooo

    ResponderEliminar