O pasado martes día 4 fixemos a saída que tiñamos marcada no calendario desde facía moito tempo. Montamos no bus para ir a ver a obra de teatro "El gato con botas" a Santiago.
O obra foi no salón de actos do colexio La Salle. Este ano chegamos de primeiriñ@s e collemos sitio en primeira fila.
Pero antes de ver a obra merendamos unhas galletas que nos souberon moi ricas
Unha vez sentad@s cómodamente nas butacas, sacamos unhas fotos mentres esperabamos que dese comezo a función.
Cando se apagaron as luces chegou o momento de disfrutar do gato con botas. E vaia se o fixemos !! encantounos !!
No hay comentarios:
Publicar un comentario