domingo, 23 de abril de 2017

Unha visita moi esperada

O venres antes de marchar de vacacións, cando a profe viña co coche para o cole, pareceulle ver algo branco e peludo cruzando a carretera. Cando llo comentou aos Sementeiros e Sementeiras, non tiveron dúbidas pois todos dixeron que se trataba do Coelliño de Pascua que, seguramente viña a deixarnos ovos de chocolate. Estivemos pendentes toda a mañá a calquera movemento estraño pero non descubrimos nada; nin tan sequera no momento do recreo.  A última hora, antes de marchar a comer, decidimos percorrer o cole e preguntamos a varios profes se eles viran ou escoitaran algo raro pero tampouco obtivemos respostas. Cal foi a nosa sorpresa cando ao baixar da biblioteca descubrimos que o coelliño un ano máis foi máis listo que nós pois o patio estaba cheo de ovos de chocolate esperando a ser atopados.
Resultado de imagen de gif animado conejito pascua  

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Xa na clase, e co reconto de ovos feito, démoslle as grazas e un forte aplauso ao noso coelliño, para que volva o ano que vén.
 
 
 Marchamos para casa a disfrutar das vacacións cos nosos traballos rematados

1 comentario:

  1. Pero que listo es este conejito que os viene a traer cada año los huevos de Pascua!!!Nosotros nos hacemos una pregunta,que les hace mas ilusión a nuestros Sementeir@s,encontrar los huevos o comérselos???

    ResponderEliminar