O xoves pasado, aproveitando que foi unha semana de moitísimo calor, falamos do que era e para que serve un aparatiño (case tan curioso como o noso "mirabichos") que temos na aula: unha estación meteorolóxica. Sabemos que nos indica o día (en inglés !), a hora, e o que máis nos importa,... a temperatura que hai na aula (e xa sabemos que se mide en graos).
Decidimos facer un rexistro semanal.
Apuntamos no encerado a temperatura que temos na aula cando facemos o panel; Ao rematar levamos para fora a nosa estación e comprobamos a temperatura tamén na hora do recreo. O encargado ou encargada rexistra os datos.
Por certo, con este tempo tan caluroso levamos unhas cantas sesións de picnics !!
Ahora entiendo porque Amaya quería sacar nuestro despertador a la calle, porqué también marca la temperatura.Y por eso me preguntó si daba el tiempo y yo le dije que ese era Santiago Peman. Menudo papá estoy hecho.
ResponderEliminar