Hai un tempo que os nenos e nenas da clase de 3 anos están a levar a cabo unha actividade moi divertida nas súas casas a proposta da profe Teté que consiste en recrear unha obra de arte, sacar un foto sendo eles @s propi@s protagonistas e mandala ao cole. Teñen unha gran colección xa na aula. E como nos parece unha proposta xenial decidimos copiarlles a idea; pero necesitamos a vosa axuda na casa. Así que xa sabedes, buscade un cadro ou unha escultura que vos guste e animádevos en familia a recrealo. Facede unha foto e mandádenola prontiño ao cole,... que o curso remata e queremos expoñelas no corredor para que todo o cole as poida disfrutar !
Xa temos as primeiras "Sementeiras" que se animaron e trouxeron auténticas recreacións:
LÍA converteuse na moi distinguida Infanta Margarida de Velázquez
E PAULA CES está estupenda no seu papel de "La maja vestida" de Goya
Veña,... ANIMÁDEVOS e mandade a vosa obra de arte personalizada !!!
¡Xeniales!Parabéns a esas familias!!!!
ResponderEliminar