O xoves 22 vivimos unha xornada moi especial no Rosalía coa celebración do Festival de Fin de Curso 2016/17. Chegamos tod@s guapísim@s e dispost@s a pasalo moi ben. Antes de saír para actuar tivemos tempo de facer un último ensaio no escenario e de sacarnos unhas fotos para o recordo.
E chegou o momento máis agardado por tod@s nós: a nosa actuación. Bailamos xenial, pero o máis importante foi o ben que o pasamos tod@s xunt@s !
Despois máis relaxadamente, disfrutamos das actuacións do resto do cole.
Este ano tivemos unha pequena sorpresa final, cando todos os nenos e
nenas do cole cantamos xunt@s a canción "Se buscan valientes".
Unha vez rematado o Festival, e como xa é tradición, os nenos e nenas da clase de 5 anos (que marchan para primaria) quixeron despedirse invitándonos a merendar.
FOI UN DÍA,... XENIAL !!
No hay comentarios:
Publicar un comentario