domingo, 1 de octubre de 2017

Pasaporte Lector

Este venres foi un día moi especial pois iniciamos a viaxe dos contos da biblioteca de aula poñendo en marcha así o noso "PASAPORTE LECTOR". Temos un montón de contos onde escoller e levounos un tempo decidirnos. Tiñamos tantas ganas de empezar esta viaxe que esta semana non nos daba chegado o venres 👍
Este ano a novidade principal é que como de momento non nos chegaron as mochilas que solicitamos á Consellería, o pasaporte e o conto van a ir nunha carpeta. Este fin de semana poderedes comprobar se a carpeta nos resulta cómoda. Pedimos que fose de cartón duro (ríxido) porque aguanta moito mellor o peso dos contos e é máis sinxela de transportar debaixo do brazo. Se vedes que algunha carpeta se queda escasa (temos contos que son algo grandes e as carpetas pequenas e blandas son difíciles de pechar), podedes mandar outra máis cómoda.
Lembrade que esta actividade non debe presentarse aos nenos e nenas como unha obriga ou deberes. Trátase simplemente de pasar un rato divertido coa lectura. A tarefa do pasaporte necesita ser supervisada por unha persoa adulta.
Así de contentos e contentas marchamos o venres para casa
 
 
 
 
 
E falando de libros viaxeiros, xa temos un conto relacionado co proxecto visitando as casas. O primeiro en levalo foi PEDRO e contounos que lle gustara moito. SASHA levouno o vernes e, de seguro, que tamén o difrutará.
 
 Un libro máxico. Empeza pola lupa verde da escafandra e parecerache que nada se move; despois, mira a través das lentes de mergullo azuis e empezará a aparecer a vida e, finalmente, se miras pola xanela vermella do submarino, descubrirás todo un mundo secreto!


3 comentarios:

  1. Da gusto estes nenos tan listos.... cómo lles gusta aprender e superarse día a día, seguide así

    ResponderEliminar
  2. Nos encantó a toooodooos porque fuimos muchos muchos los que leimos este libro
    Realmente es una pasada ver como Sasha disfruta con la lectura algo que nos encanta en casa. Esperemos que continue con ese interes siempre.

    ResponderEliminar
  3. A verdade que veñen moi contentos o venres,e esperemos seguir asi como o primeiro conto deste curso que lle fixo moita ilusion,e eso que eu pensei que era mais traballo que o do ano pasado pero debense sentir maiores que lle encantou,sobre todo poñer quen llo leia

    ResponderEliminar