jueves, 23 de noviembre de 2017

Ioga

A sesión de ioga dos mércores está resultando ser todo un éxito. Estamos tod@s moi motivad@s con esta nova práctica. 
a sesión do mércores pasado consistiu en recordar as asanas traballadas o primeiro día e en practicar dúas novas, a cobra e a abella
Cobra
Abella
Hoxe perfeccionamos varias asanas e esforzámonos na realización de dúas novas
 
 
 
  O esquiador
 
 O volcán
 
 
 
 Estas dúas novas asanas están no libro que trouxo Aitana Rivas para compartir con tod@s
No conto "Buenos días Yoga" anímannos a recibir a mañá con alegría e a embarcarnos nas nosas aventuras diarias con plena confianza en nós mesmos. Proponnos que tan pronto nos levantemos da cama, fagamos un saúdo ao sol para encher o noso corpo de enerxía
 
 
 
A ver cantos Sementeiros e Sementeiras se acordan mañá de facelo. Preguntaremos en clase 😉
Rematamos relaxándonos en viparita
 
 
Co ioga estamos aprendendo a importancia de cultivar o noso corpo e a nosa mente. E, falando entre tod@s chegamos á conclusión de que tamén precisamos unha boa alimentación para estar fortes e sans polo que retomamos os nosos mércores con froita
Temos dous contos novos na nosa biblioteca de aula e xa poden viaxar os venres co pasaporte lector
 
 
 

1 comentario:

  1. Viendo esas fotos se aprecia lo mucho que esta gustando el Yoga en esa clase Sementeira.Menos mal que es Yoga y no un deporte de riesgo porque algun que oto papa y mama ya han tenido que practicar posturas como el triangulo, esquiador, viparita y alguna del libro de Om como el dragon

    ResponderEliminar