O día 3 de decembro é o Día Internacional das persoas con Discapacidade
O luns recibimos a visita dunha compañía de teatro moi especial, ARTELLAR, creada en 2011 por usuarios da asociación de persoas con diversidade funcional Ambar de Ribeira. Esta actividade foi organizada polo Equipo de actividades complementarias e extraescolares.
Representaron a obra "Martín e o Biosbardo" dirixida ao público infantil e que pon o acento na educación en valores e a convivencia nos colexios.
Como me gustan estas cosas. Sasha ya nos contó en casa cositas de la obra y de sus actores. Quedo muy contento.
ResponderEliminar