jueves, 1 de febrero de 2018

Paz 2018

A semana pasada adicamos algunhas sesións a falar sobre a Paz e o seu significado. Tivemos moitas conversas grupais nas que tod@s entendemos que somos máis felices cando non estamos discutindo, nin pelexando e moito menos pegando aos nosos compañeiros e compañeiras. Unha das conversas con todas as nosas aportacións, escribímola no encerado.
Noutra sesión tivemos que esforzarnos en resumir o significado da Paz nunha soa palabra. Cando algué tiña unha, saía a escribila nun corazón de cartulina.
 Así quedou o noso corazón
Ao día seguinte Pedro e Noelia, que estiveron pensando na casa, traían unha palabra que añadir 
Para rematar, coloreamos unhas pombas mensaxeiras que adornaran o noso corazón e sacamos unha foto co resultado final, primeiro en gran grupo e, despois, en parellas.
Aproveitando que estabamos falando tanto da PAZ, fixemos o libro IMAGINE viaxeiro. O primeiro en disfrutalo na casa foi Anxo.
O día 30 todo o cole se xuntou no patio para cantar a canción Imagine e escoitar un pequeno discurso sobre a Paz a cargo do alumnado de primaria.
Por último queremos contarvos que temos un mar cheo de botellas mensaxeiras de paz. Deste xeito conmemoramos en Educación Infantil esta data tan sinalada no calendario.

3 comentarios:

  1. Bravo! Sois geniales. Nos encanta todo lo que haceis!

    ResponderEliminar
  2. Que bonito celebrar el dia de la Paz y más viendo todo el cariño que se tienen todos estos Sementeir@s. Preciosas las fotos que se hicieron por parejas....LOVE total!!!!

    ResponderEliminar
  3. Genial q pena q Paulo se lo perdiera. Ojalá los niños gobernaran el mundo, viviríamos en un mundo más simple y feliz��

    ResponderEliminar