viernes, 16 de marzo de 2018

Contacontos

Este xoves recibimos a visita da familia de ALEX; viñeron os seus pais e a súa avoa e nós encantadísimos coa visita sorpresa. Pasamos un rato moi divertido; Vane contounos un dos contos preferidos do noso compañeiro onde o seu protagonista marcha para a lúa e alí aliméntase de peixe frito, chocolate e un montón de amor que lle envía a súa mamá ata que, grazas aos astronautas, consegue volver para casa.
 A mami de Álex demostrounos ser unha experta contadora de contos; disfrutamos moito da historia.


 Para agadecer  esta sesión de contacontos, Vane levou de regalo un diploma.
 E ahí non quedou a cousa porque nós tamén levamos de regalo unha bolsa cun anaquiño do conto: unha lúa, peixes de cores (menos mal que non eran fritos) e unha chocolatina moi amorosa que nos fixo case tanta ilusión como o globo.
MOITAS GRAZAS😍
e bombóns para a profe Ana

2 comentarios:

  1. Caray parece que el cuento es muy divertido no me extraña que le guste tanto a Álex, porque parece que a los Sementeir@s también les ha gustado.

    ResponderEliminar
  2. Moi ben!! Están encantados con esto de ir os pais lerlles un conto . Lía dixome que lle gustara moito

    ResponderEliminar