domingo, 8 de abril de 2018

Súper Venres

Este venres foi un día moi especial pois recibimos a visita dunha experta en ioga. Ania deixounos coa boca aberta con todas as asanas que fixo diante nosa, axudounos a mellorar a práctica de moitas posturas e coñecemos outras novas. Foi unha sesión que non esqueceremos en moito tempo.
MOITAS GRAZAS ANIA pola túa profesionalidade, paciencia e paixón que transmitiches a todos os que participamos nesta sesión de ioga. 
E como vos dixemos ao principio, foi un día especial tamén porque celebramos o aniversario de SASHA, que xa ten seis anos.


Despois da sesión de ioga estivemos mirando os libros do recunchos, unha actividade que nos gusta un montón porque sempre atopamos información e fotografías novas sobre moitas especies mariñas.

E para rematar, disfrutamos botando unha ollada a un novo exemplar do noso periódico NOVAS DE INFANTIL, que levamos para casa para que todos poidades gardar de recordo algúns dos momentos máis significativos do segundo trimestre. Desexamos que vos guste.

5 comentarios:

  1. Nos encanta el periódico y todo lo q hacéis ��.

    ResponderEliminar
  2. Carau que viernes más intenso,se ve un gran progreso en las Asanas.
    Muchhas felicidades Shasha os estáis haciendo todos muy mayores Sementeir@s

    ResponderEliminar
  3. Impresionante!!! Menudas asanas hacéis Sementeir@s, felicidades!!

    ResponderEliminar
  4. Guauuuu!!! Pues fue un viernes de lo más completito!! Por lo que vemos en las fotos,lo pasasteis fenomenal!! Felicidades a sasha!!!

    ResponderEliminar
  5. Encantanos o xornal; parecenos un recordo moi bonito! E que sorte ter unha profesional do ioga dandovos unha clase. Felicidades a Shasha!

    ResponderEliminar