jueves, 10 de mayo de 2018

Día de Europa

Onte, 9 de maio conmemorouse o Día de Europa
O equipo de actividades complementarias e extraescolares organizou unha feira onde a intención era preparar diferentes stands con información sobre países europeos.
Na Sementeira levamos traballando varias semanas para telo todo listo e onte foi o gran día. O país elexido: Grecia.
Este é o noso stand
O noso traballo ía acompañado dunha presentación en dvd onde se explicaban algunhas cousas características deste país. Pronto o mandaremos para que o poidades ver na casa.
As seguintes fotografías amosan a feira ao completo; os países representados eran Islandia, Alemania, Francia, Irlanda, Italia, Portugal, Países Baixos e Grecia.
O stand dos nenos e nenas da clase de catro anos

O stand das clases de tres anos
A feira montouse na biblioteca e onte moito alumnado se achegou a visitala.
E que sería dunha viaxe sen un auténtico pasaporte?
Nós temos o noso repleto de selos dos países que visitamos
 Aquí estamos todos dispostos a escoitar as presentacións preparadas polos nosos compañeiros e compañeiras.


Unha vez rematada a viaxe tocaba posar para a foto co pasaporte que documenta todos os países visitados.
O stand de Islandia deunos iogur típico para probar e a clase de tres anos ofreceunos pasteis de belem.
Aquí están Noa e Xiana coa bandexa de pasteis típicos de Lisboa
Como o mércores non tivemos tempo para máis, deixamos para hoxe a degustación destas delicias. Ao principio varios sementeiros e sementeiras mostráronse algo reticentes a probar, sobre todo o iogur, porque tiña marmelada. Pero cando o probaron estaba tan rico que ata repetiron; eso sí, houbo quen non se animou de todos xeitos.


Como podedes ver, foi un día repleto de actividades; disfrutamos moito e aprendimos tamén moito. Pronto colgaremos unha entrada onde vos explicamos todo o que fixemos para o noso stand.

4 comentarios:

  1. Jolin como mola todo lo que haceis! Ahí no os aburrís y haceis que en casa tampoco con todo lo q nos enseñais. Hoy hubo quen fue a recoger ramas de Olivo y quien se atreve con el aceite y las olivas. Nos encanta poder disfrutarlo con vosotros

    ResponderEliminar
  2. Muy chulos e interesantes todos los stands. Sementeir@s el vuestro espectacular!!😊

    ResponderEliminar
  3. Cuanto aprendéis!!! Y gracias a vosotros,nosotros también le sacamos partido a todas estas cosas!!! Muchas gracias por enseñarnos tanto!!😜

    ResponderEliminar