domingo, 3 de junio de 2018

Pelo Verde

A semana pasada fixemos unha plantación un tanto curiosa pois sementamos herba nos vasos de iogur que vos pedimos. 




Despois fixemos unha foto para decorar o noso vaso; a consigna era poñer un aceno. Pasámolo pipa vendo as caras que poñían os compis. Pegamos a foto no vaso e puxemos nome á nosa plantación. Por unanimidade decidimos chamala:
BOTES ULTRA PELUDOS

Cada día o encargado ou encargada rega os nosos botes e todas as mañás nada máis chegar botamos unha ollada para comprobar canto nos medrou o pelo verde.
Aitana trouxo o ano pasado un peludo para clase pero quedounos sen plantar polo que aproveitamos este ano para incluílo nos nosos botes; E Sasha fabricou un coa súa mami e tamén quixo compartilo con todos.
Esperamos que pronto lles medre o pelo.

4 comentarios:

  1. Que chulos!! Que ben o pasades sementeir@s!!!

    ResponderEliminar
  2. Jajaja. Pero que requetechulos quedaron esos yogures!!

    ResponderEliminar
  3. Pero cuanta imaginación teneis!!!! Menudas caras más divertidas jajaaa....

    ResponderEliminar
  4. Que chulada!!!! Y que entretenidos os veo!!

    ResponderEliminar