sábado, 7 de julio de 2018

Cantas cousas!

As últimas semanas na Sementeira foron un non parar de actividades. Fixemos as bolsas e portadas para os nosos traballos, practicamos ioga, xogamos na aula, estivemos cos compañeiros de primeiro,...
Aproveitamos os tempos mortos entre actividades para xogar e disfrutar cos xogos da aula así como dos mateirais do recuncho do mar (antes de recollelo todo).
 
 
 
 
 
 
 
Como empezamos a estar algo inquedos por iso de ter que pasar para primaria, decidimos facer unha pequena visita aos nosos compis de primeiro, que nos recibiron encantados. Aproveitamos para coñecer as aulas nas que ímos a estar o ano que ben e fixemos un montón de preguntas: se en primaria hai encargados, se escriben con boli, se usan libros e libretas con pauta,..
 
 
 
 
 
 
 
 


Tamén aproveitamos para coñecer algunha cousa sobre o espazo pois as aulas de primeiro fixeron un gran traballo sobre o tema e quixeron compartir todos os seus coñecementos connosco.
 
 
 
 
 
 
A nosa última sesión de ioga do curso fixémola no patio. Practicamos algunhas das nosas asanas preferidas e xogamos a "¿Qué hora es señor Lobo?".
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 


 
Premparamos as bolsas para levar os traballos. Tivemos que elexir entre facer a Dory ou a Nemo (gañou Nemo por goleada).
 
 
 
 

 
 
 

 
Nas portadas aparecemos tomando o sol plácidamente a carón dunha palmeira decorada con bolas de papel de seda.
 
 
 

 
 
 
 
 
 
 
 
 Decoramos tamén a parte traseira das bolsas. Empregamos gomets para inventarnos un montón de peixes e estampamos o noso nome con selos.
 
 
 
 

3 comentarios:

  1. Cuanto habeis trabajado pero no solo en junio, todo el año Sementeir@s vuestros papis estamos orgullosos de vosotros. Que decir del yoga seguro que lo echais de menos el año que viene.

    ResponderEliminar
  2. Fantástico trabajo chicos��

    ResponderEliminar