Todo proxecto que se precie debe empezar por facernos tres preguntas:
1.- Que sabemos do tema que queremos investigar?
2.- Que nos gustaría aprender?
3.- Onde podemos buscar información?
Nós xa temos as respostas a todas estas preguntas.
Agora xa podemos empezar a nosa investigación!
E para iso xa estamos recibindo algún material para o noso recuncho do proxecto.
Alba visitou o Castro de Baroña e a Torre de Hércules e trouxo documentos fotográficos que así o acreditan. Tamén trouxo un libro sobre historias mitolóxicas ao que, de seguro, lle sacaremos moito partido ao longo do curso.
Lorena trouxo a lenda do mago Merlín, do que pronto vos contaremos cousas!
Paula aportou un libro de mitoloxía con moita información sobre os seres fantásticos que queremos estudar.
Cristina visitou o Castro de Santa Trega, e contounos un montón de cousas que aprendeu no museo e explicou con todo detalle as fotos que sacou ese día. Tamén trouxo unha réplica dun castro celta, que gardamos con moito mimo na estantería do recuncho.
E como o noso proxecto chámase Trisquel, fixemos un tamaño XL que pronto decorará as zonas comúns de infantil😊. Traballamos con moitísima precisión no manexo do pincel e o resultado foi xenial! un fantástico traballo en equipo!!
Un bo traballo en equipo o trisquel...Vai a quedar xenial en calquer lugar!!!
ResponderEliminarQue ben quedou😍 menudos artistas!!!
ResponderEliminar