Hoxe estamos de estrea no cole Rosalía porque temos un horto. A partir de hoxe levaremos a cabo ao longo de todo o curso diferentes obradoiros eco-didácticos. Vari@s expert@s visitarannos periodicamente para guiarnos no coidado deste novo espazo situado na zona do patio coñecida como foso.
As aulas de Educación Infantil centrarémonos na plantación e coidado das plantas aromáticas.
Pola mañá, e para ir ben preparados á charla dos monitores que nos visitaron, estivemos coñecendo algunhas en internet: lavanda, perexil, ourego, manzanilla e menta foron as elixidas. As catro primeiras coñecémolas virtualmente e a menta cheirámola grazas a unha bolsiña de infusión.
Despois do recreo tivemos a nosa primeira toma de contacto co horto. Alí faláronnos da menta e da caléndula e dunha pranta moi curiosa que repele aos mosquitos e que bautizamos como "planta suave". Cheiramos, tocamos e ata probamos ! Para rematar plantamos menta e leitugas.
Contou toda emocionada que comeu chicle de menta😆
ResponderEliminarQue boa iniciativa a do horto, irán ilusionados a coidalo e pouco a pouco dará os seus froitos🍅🍓🥕🌶️🥒!!!
Que boa idea a do horto!!! Asi aprenden outras cousas que tamen son moi necesarias...Cris xa nos vai a plantar unhas lechuguiñas na nosa horta que lle encantou a actividade!!!
ResponderEliminarQue proxecto máis bonito!! Encántame a idea do horto, que os nenos aprendan da natureza e vexan como evoluciona, e tamén a coidar do seu.
ResponderEliminarEu vou aproveitar a ocasión e plantar unhas plantas arómaticas en macetas na casa para que Aroa faga practicas extraescolares, ver si ten máis sorte que mamá, que non lle sobreviven nin os cactus!!